RSS XML J.L.Orozco Blog Personal
J.L.Orozco Blog Personal
Inicio Arquivos Multimedia Ligazóns Escribir ó alcalde
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
domingo, 29 de agosto de 2010
O Concello de Lugo quere manifestar en primeiro lugar o seu profundo pesar aos familiares de Montserrat polo tráxico acontecemento que está a conmocionar á sociedade lucense.

[Post completo...]
4 comentarios

DESPOIS DAS VACACIÓNS
domingo, 15 de agosto de 2010
Rematei as vacacións estivais deste ano. Foron quince días, con algunha escapada a Lugo para actos oficiais como a firma do protocolo para a estación intermodal, nos que descansei coa familia, pero que serviron tamén para reflexionar sobre os labores dos próximos meses no meu traballo como Alcalde.

[Post completo...]
16 comentarios

ESTACIÓN INTERMODAL
luns, 2 de agosto de 2010
En marzo deste ano fixouse a “folla de rota” do que vai ser a estación intermodal en Lugo. Naquela ocasión tres Administracións, Goberno de España, representado polo ministerio de Fomento, Xunta de Galicia, representada pola Consellería de Política Territorial e o Concello de Lugo, representado pola Alcaldía, xunto con ADIF, chegaron ao acordo de desenvolver e asinar un protocolo que recollese esa vontade de facer a estación intermodal e fixar as abrigas de cada un, así como realizar o proxecto da mesma. Pasaron meses e semanas de negociación e chegouse ao acordo que se asinará o próximo día catro de Agosto. Polo medio algunha interferencia que estivo a punto de atrasar sine die o acordo, de feito atrasouno case 20 días, pero ao final impúxose o sentido común e a coordinación das administracións.

[Post completo...]
19 comentarios

HAITÍ
luns, 19 de xullo de 2010
Este pasado fin de semana Lugo foi a sede de unha Conferencia Europea e Centroamericana para tratar sobre a reconstrucción de Haití. Como todos sabemos este país caribeño sufriu un terrible terremoto o día 12 de xaneiro do ano en curso. Preto de 300.000 mortos e perdas materiais incalculables.

[Post completo...]
20 comentarios

GAÑOU ESPAÑA
luns, 12 de xullo de 2010
Tiña comezado o meu blog sobre os haxiógrafos, pero hoxe non hai nada máis grande que o triunfo de España na copa do Mundo. Encantoume a loita, o tesón, a firmeza, a preparación, e os valores, como dixo Vicente del Bosque dos xogadores de España. Cando un adestrador é capaz de falar de valores e de case desaparecer no momento da celebración é sen dúbida unha persoa que merece a pena.

[Post completo...]
14 comentarios