RSS XML J.L.Orozco Blog Personal
J.L.Orozco Blog Personal
Inicio Arquivos Multimedia Ligazóns Escribir ó alcalde
O CUMIO DO CLIMA EN COPENHAGUE
domingo, 20 de decembro de 2009
Os resultados da “Cumbre del Clima” que se celebrou en Copenhague na semana pasada foron máis ben escasos. Pechouse, despois de longas horas de pesadas reunións, cun acordo asinado por Estados Unidos, China, India, Brasil e Suráfrca e que logo foi aceptado pola UE. Algúns países, pequenos, pero con unha gran carga ideolóxica, marcháronse dando un forte “portazo”.

No texto non hai nin cifras de reducción de emisións nin se garante a verificación das mesmas. Os países máis desenvolvidos ou que están en clara expectativas de facelo non quixeron dar o seu brazo a torcer e po iso só se chegou a ese comunicado de tres páxinas que ninguén quere adoptar como seu e que ningún dos que o negociaron quixeron falar do mesmo ao final da maratoniana reunión.

Hai un dato positivo que é que todos queren que a temperatura non suba máis de dous graos centígrados para evitar a súa incidencia no clima. Pero se non se fixan datas, cantidades e formas, mal se poderá chegar a ese resultado dun xeito fiable e sobre todo sen ter garantías de que as cantidades que se reduzan e se fagan chegar a ONU sexan certas e fiables. Pero algo é algo xa que cando menos as reduccións de emisións que se fagan con diñeiro internacional estarán suxeitas a un completo sistema de comprobación.

Para os distintos analistas parece que as cousas están claras. A máxima tensión deuse entre China e Estados Unidos por motivos obvios. China é unha economía emerxente, case con toda seguridade a segunda do mundo, e quere seguir crecendo sen que se lle poñan tachas medioambientais a ese desenvolvemento. Estados Unidos quere seguir crecendo e non atopa motivos ou non quere paralizar ese crecemento poñendo dificultades de sostenibilidade ao mesmo. Os demais a bailar a peza que lle poñen os que realmente mandan.

Mentres tanto é evidente o cambio climático. É evidente o aumento de temperatura. É evidente que podemos destruír ou cando menos ameazar gravemente ao medio natural que sustenta a todas as especies.

Seguiremos esperando polo cumio de Méjico do ano que ven para ver se a forza da razón se impón aos meros intereses mercantís que teñen un pequeno percorrido e senón véxase a crise e a incertidume económica na que vivimos froito de políticas miopes de moi corto alcance. En Lugo queremos poñer un Plan de Mobilidade que permita non só recuperar espazos urbanos para os lucenses senón tamén ser máis rigorosos e responsables ante o cambio climático. Sigo apostando para que cada un de nós tomemos medidas que permitan unha mellora medioambiental no noso contorno.
10 COMENTARIOS
AGA sábado, 26 de decembro de 2009
Feliz año Alcalde y blogueros
http://lugosobreruedas.blogspot.es/

Comentario enviado por AGA

pulpo xoves, 24 de decembro de 2009



¡¡¡FELIZ NOCHE A TOD@S!!!
Comentario enviado por pulpo

Sheila mércores, 23 de decembro de 2009
En estas fechas, aunque sean de fiesta, también hay que procurar no hacer daño al medio ambiente.

Asique, en estas fechas se puede compartir coche, tanto entre familiares como amigos; no tirar basura a la calle; etc.

Hay que respetar el Medio Ambiente en todas las fechas.

Felices Fiestas.
Comentario enviado por Sheila

Sanda mércores, 23 de decembro de 2009
Feliz Navidade!! para todos/as.

Ainda que é repetitivo, porque se oe en tódolos lugares, pero Felices Festas.
Comentario enviado por Sanda

Sanda martes, 22 de decembro de 2009
En Lugo xa están tomando medidas, desde o Concello, para ter unha cidade mellor, sen tanta contaminación.
Vamos ter un Plan de Mobilidade que permitirá que en Lugo non se utilice tanto o coche e se prime ir en buses, andando, ou en bicicleta.

Creo que é un plan moi interesante.
Comentario enviado por Sanda

Sanda martes, 22 de decembro de 2009
Pulpo

Si que é importante que cada un mire o que está facendo para que, polo menos, non vaia a máis o cambio climático.
Todos debemos ser conscientes de que hai un cambio no clima destes últimos anos, e isto podeo observar calquera vendo o tempo que temos nas diferentes estacións.
Comentario enviado por Sanda

pulpo luns, 21 de decembro de 2009
CAMBIO DE CLIMA Y DE HUMOR

Ya lo hemos notado, este año toca invierno de verdad. Si hacemos memoria fue duro el invierno del 70 y 71 supongo que si miramos a esos calendarios milagrosos y de uso antiguo como el zaragozano seguro que lo dice. Los ciclos son así.
El cambio climático en cuanto a lo que nos atañe que cada uno mire a como cumple con el medio ambiente sin mirar tanto a los de más allá, allende de nuestras fronteras. Cada uno sabe de sobra como colabora a su desarrollo o a su freno. Basuras, plásticos, selección de basuras y clasificación de las mismas, cuando echa cristales o botellas al contenedor y de paso dice ¡Que se j...! Algo frecuente, que con solo salir a pasear se nota. calefacciones atope y una larga lista
En esta pequeña ciudad del noroeste amurallada todavía se usa el coche para ir a por el pan o el periódico, pongamos por caso. Ha llegado un Sr Cárdenas, los aficionados al cine le recordarán y ha hecho su diagnóstico sobre las malas costumbres de los lucenses. ¿Se habrá fijado en las costumbres de D. MariaNO? Ah, a eso no venía
Porque sigue con la costumbre de imponer aunque no lleve el mando y la otra costumbre de largar de todo cada vez que se realiza un acierto y no digamos con los últimos aciertos y votaciones ganadas en el Parlamento
Comentario enviado por pulpo

pulpo luns, 21 de decembro de 2009
Mucho más temo al cambio democrático
Comentario enviado por pulpo

Sanda luns, 21 de decembro de 2009
Esperemos que os acordos entre os países non cheguen tarde.
Hai que concienciar a todos de que o cambio climático afecta a todos os lugares, persoas, etc. por igual. E que se se frea todos estaremos mellor.
Comentario enviado por Sanda

Sanda luns, 21 de decembro de 2009
O cambio climático hai que prestarlle moita atención.
Todos debemos facer o posible para que non vaia a máis.
Comentario enviado por Sanda