|
O ANO 2010
|
| domingo, 3 de xaneiro de 2010 |
Están aprobados os orzamentos municipais para o ano 2010. Xa se dixo que son uns orzamentos fundamentalmente sociais porque nestes momentos é necesario cumprir unha das primeiras misións que debe ter un Concello como é a de atender ás necesidades humanas máis próximas. O aumento é importante xa que os dereitos sociais nestes momentos así o requiren. Un goberno de progreso e solidario non pode deixar que sexa o simple mercado quen regule as prestacións. Desde as administracións públicas tense que procurar, vixiando moito os medios, unha regularización social que a crise está a desequilibrar sempre en contra dos que sofren a historia.
É o ano que conmemoramos o décimo Aniversario da Declaración da Muralla como Patrimonio Mundial Ten que servir para que entre todos demos un novo impulso á cidade e sexa máis coñecida e visitada, aproveitando ademais o Xacobeo. Tamén imos ter un cumio de cidades Latinoamericanas, do Caribe e de Europa sobre drogas, como un acto paralelo á Presidencia Española da Unión Euopea.
No conxunto do Concello vanse realizar obras importantes, a pesar de que estamos a vivir nunha incerteza económica que desexamos pase pronto. Son froito do remate do Primeiro Plan Zapatero e de o comezo do segundo (máis de oito millóns de euros xa que dous se empregaron para gasto social); das obras que están licitadas e non comezaron, ( Biblioteca de A Piringalla, Delegación de Policía e Protección Civil, rehabilitación do vello cárcere, Praza de San Marcos): das que farán outras administracións e das que están nos propios orzamentos. Como é o noso obxectivo político son obras que se desenvolverán no Centro (Plan Urban), nos barrios e na zona rural. Hai que equilibrar servizos e dotacións para que os veciños posúan igualdade de dereitos independentemente onde vivan.
Van continuar as obras das Autovías Lugo-Santiago e Lugo-Ourense, nas que se está a traballar a bo ritmo no conxunto do Concello; vaise continuar traballando na nova ponte que de seguir así vai adiantar os seus tempos; inauguraremos o desdobramento da Avenida de Madrid desde A Tolda ata a Praza do Rei co que culminaremos un convenio con Fomento que posibilitou arranxar todas as travesías dese Ministerio o seu paso por Lugo dando unha nova imaxe á cidade; inauguraremos a nova depuradora que nos vai poñer, xunto coa potabilizadora, dentro das cidades españolas mellor preparadas de cara a un desenvolvemento sostible. Comezarán as obras de adecentamento das “folganzas” dos terreos de Fomento nas entradas da cidade e asinaremos o convenio para arranxar a antiga N-VI en Nadela e a antiga N-530 en Calde, cuxos proxectos están rematados. Comezarán os traballos técnicos para o proxecto da Estación Intermodal e as obras da segunda fase do abastecemento de auga..
Van continuar as obras no Plan Paradai por parte de Deputación Provincial e da Xunta, e do parque empresarial de As Gándaras, así como espero a contratación do tan ansiado auditorio na parcela conveniada na Acea de Olga e do proxecto do centro da Romanización no cuartel de San Fernando. Desexo que se solucionen todos os problemas para a construción da pasarela sobre o Miño. E espero con ansia a inauguración do novo Hospital no que os lucenses fixemos un enorme esforzo económico, cedendo os terreos, máis de 160.000 metro cadrados e investindo sete millóns de euros nos servizos e rúas perimetrais.
Vai ser un bo ano no que o Concello segue esa senda de modernización e progreso que comezou hai tempo. Unha senda que fai que cada día a cidade sexa máis xusta e igualitaria e por iso máis competitiva. Unha cidade que acolla a todos aqueles que nacemos ou vivimos nela e na que queremos desenvolver o noso proxecto de vida. Non me dirán que non é un traballo apaixonante.
|
13 COMENTARIOS |
| Laura sábado, 9 de xaneiro de 2010 |
| todo moi bonito pero a min gustariame recibir algunha contestación... |
| Comentario enviado por Laura |
|
| Carmen venres, 8 de xaneiro de 2010 |
Hoy es un día, en Lugo, para andar con cuidado, tanto en coche como andando. Mejor ir andando.
Alcalde, hoy, el tiempo, va a permitir que la maioría de los lucenses vayan a pie o en transporte urbano, un inicio del plan de Movilidad.
Los lucenses se darán cuenta de como pueden ir por la ciudad sin coche. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Sanda venres, 8 de xaneiro de 2010 |
Por fin chegou a neve a Lugo.
Hoxe a nosa cidade levantouse branca.
A muralla hoxe está moi bonita, é unha boa forma de empezar ca conmemoración do seu aniversario como Patrimonio da Humanidade.
A natureza tamén participa no evento. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila xoves, 7 de xaneiro de 2010 |
Espero que los Reyes Magos hayan traído muchas cosas para tod@as los lucenses.
Haber si para la ciudad nos regalan un poco de nieve estos días, para disfrutar un poco del invierno. |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Sanda xoves, 7 de xaneiro de 2010 |
Xa estamos no Ano da Muralla na cidade de Lugo. Ademais, vai ser un ano bon para tólodos/as lucenses.
Tamén para a Muralla, vaina coñecer moita máis xente e tamén moitos lugueses/as van darse conta do importante que é este monumento. Xa que as veces non nos damos conta do que temos. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Teresa martes, 5 de xaneiro de 2010 |
Que los reyes le traigan muchos regalos alcalde y Feliz día para tod@s.
Aunque de regalos, Lugo, lla está casi completa con todo lo que hai anunciado para el próximo año. |
| Comentario enviado por Teresa |
|
| Sheila martes, 5 de xaneiro de 2010 |
Feliz Día de Reyes Magos para todos los lucenses.
|
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Sanda martes, 5 de xaneiro de 2010 |
Feliz día de Reis Magos para tod@s.
Alcalde espero que lle traian moitos regalos. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Carmen martes, 5 de xaneiro de 2010 |
Alcalde vai ser un ano moi próspero para Lugo, por todas as iniciativas que ten previsto para a cidade.
Pero tamén é importante o gasto social que vai levar a cabo. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Laura luns, 4 de xaneiro de 2010 |
| Pois a meu parecer, teríase que modernizar tamén o sistema do transporte urbano, xa me entenden, poñer eses carteles que che informan sobre canto falta para que veña o teu bus... e digo esto porque xa estamos bastante fartos de esperar mais dunha hora a un bus que logo non vén, de perder cita nos dentistas, chegar tarde aos exames, ao traballo... o tema dos retrasos xa é bastante relevante como para que o considere, pero o mínimo e ternos informados de que non vai chegar, para así poder buscarte a vida doutro xeito, e non estar esperando unha hora ao tonto, pasando frio, e perdendo o tempo. Logo hai queixas de que o transporte urbano perde usuarios, por que será? |
| Comentario enviado por Laura |
|
| Sheila luns, 4 de xaneiro de 2010 |
El alcalde se ha propuesto grandes iniciativas para este 2010.
Lugo va a destacar entre las provincias gallegas. |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Sanda luns, 4 de xaneiro de 2010 |
O ano 2010 vai ser un ano de cambios para Lugo, de cambios importantes para a cidade.
O noso alcalde vai facer que Lugo se modernice. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| sorte domingo, 3 de xaneiro de 2010 |
| Sr. Alcalde, dígolle unha cousa: non vai ter tempo para aburrirse. Que o faga todo, porque vai gañar a cidade. |
| Comentario enviado por sorte |
|
|
 |