RSS XML J.L.Orozco Blog Personal
J.L.Orozco Blog Personal
Inicio Arquivos Multimedia Ligazóns Escribir ó alcalde
FACENDO BONECOS DE NEVE?
domingo, 10 de xaneiro de 2010
Nestes días vivimos unhas xornadas de neve como non se recordaba nin na nosa cidade nin noutros lugares da provincia. Cando menos hai que remontarse a vintecinco anos atrás. Non estamos afeitos a este fenómeno porque non é o habitual no noso inverno. Si que sempre neva pero non nin na cantidade nin do modo que o fixo. Por iso distorsionou a nosa vida diaria e produciu algunha incomodidade xa non só na cidade senón tamén nas vías principais de comunicación da provincia. Estou convencido que todas as administracións competentes puxemos os medios humanos e mecánicos precisos para que esas incomodidades foran as menos posibles.

Desde hai tempo no Concello temos un protocolo de actuación para estes casos que desenvolven a Policía Local, Protección Civil e Urbaser, empresa concesionaria do servicio de limpeza. Son testemuña de excepción, xunto cos Concelleiros respectivos, do seu traballo, da súa dedicación e tamén do seu afán de servir á sociedade, algúns por nada, e outros para cumprir co seu deber. Non se chegou a todo e a todos porque a pesar das previsións non hai que esquecer que o Concello ten 332 quilómetros cadrados, mil quilómetros de pistas rurais e moitas rúas, beirarrúas, rotondas, entradas etc..etc. Podemos dicir que a pesar das dificultades ás 11h. do venres a cidade estaba operativa na súa maior parte e desde moito antes os centros neurálxicos da mesma. Estamos dispostos a avaliar todo o operativo e modificar e mellorar todo o que sexa preciso, cousa que seguro que levará a un maior gasto en materiais que logo só se usarán en determinadas circunstancias.

Non hai nada humano que non poda ser mellorado. Pero hai algunha circunstancia persoal que é difícil que o poida ser porque aquel que confunde a crítica política co insulto e co chascarrillo descalificador, e lle dá éxito porque sempre atopa algún altofalante que o segue, vaise crer sempre que posúe a razón e ata que o fai ben. Refírome o insulto dirixido por un dos portavoces, non sei de que, do PP no Parlamento Galego, sen dúbida detrás dunha boa estufa de calefacción porque está de vacacións, que se dirixiu aos Alcaldes de Santiago e Lugo, dicindo que nese día estariamos facendo bonecos de neve.

Non Sr. Fernández Miranda, non, estábamos coa nosa xente, cos que traballaban para remediar a situación e cos que a sufrían, como é a nosa obrigación, desde as primeiras horas da mañá e deitándonos pola madrugada. Ademais ese día, precisamente ese día, púxose en marcha unha nova dotación ao servicio dos veciños de Lugo. Por iso, e por outras moitas razóns, a xente nos elixe e non como a outros que son eternos candidatos e para ser algo téñense que esconder nas listas ao Parlamento.

Non serei eu quen critique o estado das estradas de Xunta. Xa dixen que seguro que todas as administracións fixeron o posible para poñelas nas mellores condicións. Só os irresponsables que se sinten impunes detrás dun micro dun medio público, póñense a insultar os demais.
18 COMENTARIOS
Carmen luns, 18 de xaneiro de 2010
María,
Es cierto que estos días en Galicia tuvimos un tiempo algo loco, y que el viento fue en su mayoría el protagonista.
La verdad es que se nota que estamos en Galicia, pues siempre un vecino te ayuda si lo necesitas.
Esta concienciación no la hay en todos los sitios.
Comentario enviado por Carmen

Sanda luns, 18 de xaneiro de 2010
Como ti dis María,
Oxalá se cumpra o refrán. Pero estos días o temporal deixounos a todos algo nerviosos. He conducir con moito vento sempre é perigoso.

Esperemos que cese algo este temporal.
Comentario enviado por Sanda

María sábado, 16 de xaneiro de 2010
¡Ojalá!, se cumpla el refrán:

Año de nieves, año de bienes.

Es bueno que nieve aumenta el oxígeno pero como no hay parte buena que no tenga su cara mala, ésta en la carretera es muy peligrosa y ya no digamos si viene acompañada de viento, ¡la que hemos pasado!, se levanta uno como siempre ilusionado para ir al trabajo y resulta que la calle está atravesada por un pino, gracias a un vecino que tuvo la amabilidad de ir por una sierra y cortar un trozo para que pasaran los vehículos así no llegaron tarde al trabajo.


Comentario enviado por María

Sheila venres, 15 de xaneiro de 2010
Sanda,
Yo también he leído algo sobre este tema en la prensa.
Creo que es una buena petíción alcalde.
Si se creara un centro de datos en Lugo sería una forma de fomentar el empleo y, porque no, los recursos de Lugo.
Comentario enviado por Sheila

Sheila venres, 15 de xaneiro de 2010
Carmen, yo también he leído en la prensa que es uno de los posibles nombres para el nuevo Hospital.
También he visto que hai más personas que el Concello de Lugo que apuestan por este nombre.
Como tu dices es un nombre relevante para nuestra ciudad, y creo que sería un buen nombre.
Comentario enviado por Sheila

Sanda xoves, 14 de xaneiro de 2010
Segundo lin na prensa, Alcalde, reclamou que se se fusionan as caixas, haxa un centro de datos en Lugo.
Pareceme unha idea estupenda, Alcalde.
Penso que para Lugo sería un gran beneficio ter un centro de datos, tanto a nivel de emprego como de relevancia para a cidade.
A ver se se consigue.
Comentario enviado por Sanda

Carmen xoves, 14 de xaneiro de 2010
El nombre Rafael de Vega Barrera es el propuesto por el Concello de Lugo para nuestro nuevo Hospital. Según he podido leer en la Prensa.
Creo que es un nombre importante, porque esa persona representa varias cosas y además fue doctor en nuestra ciudad.
Comentario enviado por Carmen

Sanda mércores, 13 de xaneiro de 2010
Unha noticia que se ve estes días nos xornais e que pronto o Novo Hospital de Lugo terá un nome.
Esperomos que lle fagan caso, Alcalde, e que pronto o abran. Xa que se ten nome o mellor pensan en abrilo.
Comentario enviado por Sanda

Sheila mércores, 13 de xaneiro de 2010
Estoy de acuerdo con Luaces.
El Concello de Lugo ha hecho una gran labor durante este temporal.
Ha ayudado a que fuera más llevadero. Asique yo también felicito al Concello de Lugo.

Sin embargo ha habido otros que no lo han hecho tan bien y aún critican.
Comentario enviado por Sheila

Un Lucense martes, 12 de xaneiro de 2010
CARMEN

No se puede intentar defender lo indefendible
Comentario enviado por Un Lucense

Sanda martes, 12 de xaneiro de 2010
Felicidades Alcalde! polo inicio do Aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
O que indicou que se vai realizar durante todo o ano, en Lugo con motivo deste aniversario, parece moi interesante.
Lugo10 vai ser unha marca a recordar.
Comentario enviado por Sanda

Carmen martes, 12 de xaneiro de 2010
Sobre lo que dices, "Un Lucense":
Creo que debias pensar si alguno de los funcionarios que no estaban en su puesto de trabajo (no se si estaban todos o no) viven en Lugo o fuera de la ciudad.
Puesto que hubo muchas personas que trabajan en empresas, que no pudieron trabajar, debido a que no viven en la ciudad, sino en pueblos de la provincia de Lugo, y que les fue imposible llegar a su puesto de trabajo en la capital.
La nieve afecta a todos por igual.
Comentario enviado por Carmen

Un Lucense luns, 11 de xaneiro de 2010
Sr. Orozco.

Usted da ejemplo con su dedicación y trabajo, pero es intolerable la actitud de muchos funcionarios de esa casa, que vegetan arropados en la perpetuidad de su contrato.

El día 7, a media mañana todas las empresas de Lugo estaban funcionando, la gran mayoría de trabajadores estaban en su puesto. Si no pudieron ir en coche fueron andando, pero fueron.

A esa hora las oficinas municipales estaban desangeladas.

Es intolerable ese comportamiento de no pocos funcionarios y una burla al resto de lucenses que pagan su salario.

Creo, Alcalde, que deberían tomarse medidas disciplinarias para que en el futuro esa parte del personal del Concello, que se ríe de sus responsabilidades, se tome más en serio su trabajo.

Comentario enviado por Un Lucense

Luaces luns, 11 de xaneiro de 2010
Eu tamén son testemuña do gran traballo realizado polo Concello de Lugo e polos servicios municipais para garantir a seguridade de tódolos cidadáns na cidade e na zona rural. Son un veciño da parroquia de Tirimol e vin como Protección Civil veu varias veces nestes días a botar sal nas pistas principais, onde podía haber un maior risco de formación de placas de xeo.

Así que quero felicitar ó noso Alcalde, ós responsables da seguridade cidadá e os distintos servicios municipais que participaron neste dispositivo do Concello de Lugo polo seu traballo, que fixo posible que durante estes días de temporal se evitaran situacións de perigo para a cidadanía.

A pregunta é como pode haber alguén tan irresponsable que lle chame a isto facer bonecos de neve, sendo un “responsable” político do PP no Parlamento de Galicia e quedarse tan tranquilo? Dende logo este político debería poñerse a traballar e cumprir coas responsabilidades que lle encomendaron os cidadáns.
Comentario enviado por Luaces

Sheila luns, 11 de xaneiro de 2010
Estes días en la ciudad de Lugo se pudo disfrutar de una buena nevarada.
Creo que el Concello de Lugo actuó corretamete ante la situación metereológica que hubo.
Comentario enviado por Sheila

Sanda luns, 11 de xaneiro de 2010
Estou de acordo con Lector.
Dende o Concello de Lugo creo que fixeron todo o que puideron ante a ola de frío destes días.
En canto as estradas da Xunta, creo que puideron facelo mellor.
Comentario enviado por Sanda

lector domingo, 10 de xaneiro de 2010
Soy testigo del trabajo de los voluntarios de protección civil. Gracias a ellos y a los trabajadores de Urbaser la ciudad sufrió menos las consecuencias del temporal que tampoco fue para tanto.
Tiene razón Sr. Alcalde. Pero piense que le tienen unas ganas...Eso significa que usted no les resulta indiferente y quieren aprovechar lo que sea para echarlo. Pero eso se hace en las urnas y ahí los vamos a dejar con el c....
al aire.
Comentario enviado por lector

aldrey domingo, 10 de xaneiro de 2010
Aínda que vostede señor Alcalde fixese bonecos de neve estaría máis lexitimado para facelo que eles mesmos para gobernar un país. Eles sí son bonecos de fumr!! Que foi do consenso coa lingua? Que hai do servizo público que xa comezan a privatizar? Onde quedou a Lei da Dependencia? Que sabemos das axudas aos libros das que agora só disfrutan os fillos dos ricos?
Desde logo, mellor facer bonecos que ser un deles.
Comentario enviado por aldrey