|
TURISMO, FITUR E LUGO10
|
| domingo, 24 de xaneiro de 2010 |
Esta semana foi pródiga en acontecementos, espero e desexo que positivos, para o turismo en Lugo. Voume referir a eles dun xeito breve.
En primeiro lugar deuse o visto e prace por parte dos tres grupos políticos do Concello a unha vella aspiración: iniciar os trámites a fin de constituír unha empresa mixta de Turismo con maioría de capital Municipal e que conte coa participación de socios do sector sen ánimo de lucro (de haber dividendos sempre serían para investir na empresa), para xestionar, dinamizar e mellorar o sector dentro do Concello. Suspiramos sempre por profesionalizar o desenvolvemento municipal do sector que comeza a ter unha certa relevancia na vida económica de Lugo. É importante facelo da man do empresariado da hostalería porque ninguén como eles coñecen ese mundo económico. Aspiro a que o ano que ven podamos levar e negociar nas feiras de turismo paquetes turísticos que fagan referencia o noso Concello.
En segundo lugar asistín a inauguración de FITUR, unha das feiras internacionais de Turismo máis importantes a nivel mundial. Estamos representados no pavillón de TURGALICIA que este ano está dedicado sobre todo o Xacobeo. Penso que a unión fai a forza e se Galicia é hoxe un producto turístico de primeiro orde, é bo sumar sinerxías co fin de favorecer ese todo e favorecerse do todo.
E en terceiro lugar, e relacionado con FITUR, presentamos o Lugo10, que é o emblema que este ano debe levar a cabo a nosa cidade con motivo do décimo aniversario da proclamación da Muralla como Patrimonio Mundial. Queremos que sexa un emblema feito por todos, tal como sucedeu con tanto como se fixo para a declaración da Unesco do ano 2000. Por iso estamos a chamar a todas as “portas” de Lugo, a fin de que tanto canto se faga por todos no conxunto do Concello neste ano, leve o nome de Lugo10. Pero sobre todo queremos incidir fóra dos nosos límites para que Lugo, precisamente pola súa Muralla e polas outras excelencias que o conforman, sexa máis coñecido e por iso máis visitado. É un labor de TOD@S.
|
12 COMENTARIOS |
| Sanda venres, 29 de xaneiro de 2010 |
Como di Sheila,
É moi importante colaborar para a reconstrucción deste país e tamén para que a poboación poida saír adiante, ou polo menos comer todos os días.
Foi un gran desastre e todos deberiamos axudar. Ademais, como di Sheila, aínda que sexa un donativo pequeno para eles suporá moito. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila venres, 29 de xaneiro de 2010 |
El Ayuntamiento de Lugo va a colaborar con Haití a través de un Fondo Gallego de Cooperación y Solidaridad. La cuenta en la que se pueden realizar las donaciones es:
2091.0209.10.3040019000
Para ello hay que indicar que es para "Emerxencia Haití"
Aunque sea una donación pequeña, a ellos les puede servir de mucho.
El número de cuenta y las indicaciones se encuentran en la Web del Ayuntamiento de Lugo. |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Teresa xoves, 28 de xaneiro de 2010 |
Para todos los que vengan a visitarnos a Lugo, o también para los propios lucenses, en este año de aniversario, deberían ir a las Termas Romanas de Lugo.
Esta es una buena forma de relajarse, y luego seguir conociendo la ciudad, y para los lucenses, hacer una parada en su vida diaria y relajarse un poco, y parase a ver mejor la ciudad. |
| Comentario enviado por Teresa |
|
| Carmen xoves, 28 de xaneiro de 2010 |
Como habeis dicho hai muchas actividades para este año, programadas, para la celebración del Aniversario de la Muralla, como Patrimonio de la Humanidad.
La obra que decis que se van a representar, me parecen muy interesante. También hai otra que se va a representar titulada "El mercader de venecia" de WILLIAM SHAKESPEARE, que merece la pena verla. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Sanda mércores, 27 de xaneiro de 2010 |
Como di Sheila o día 31 hai unha obra de Teatro no Gustavo Freire, pero non so ese día, xa que :
O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá seis obras teatrais entre o 31 de xaneiro e o 7 de febreiro.
Todas estas obras son de gran interese. Ademáis, pódese consultar cales hai e de que tratan no seguinte enlace da web de Lugo10: http://www.lugo10.es/gl/agenda/02/2010/
Son obras que todos deberiamos ver algunha vez. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila mércores, 27 de xaneiro de 2010 |
El día 31 de Enero a las 20:30 de la tarde, en el Gustabo Freire, se representa la obra "De cuanto acá nos vino?".
Esta obra fue escrita por Lope de Vega y esta vez se encuentra dirigida por Rafael Rodríguez.
Es una obra que se encuentra dentro de la programación de la Conmemoración de la Muralla como Patrimonio de la Humanidad.
Además, es una obra muy interesante y que merece la pena ver.
Por ello, sería bueno que todo el mundo fuera a verla. |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| María martes, 26 de xaneiro de 2010 |
FITUR 2010, se celebró en el recinto ferial Ifema de Madrid, los días 20 al 24 de enero de 2010.
Fitur 2010: Con más de 12 000 empresas expositoras de 170 países/regiones, FITUR es también la feria que cuenta con la mayor representación de oferta, lo que posibilita a los más de 130 000 profesionales participantes establecer la mayor y más útil red de contactos empresariales e institucionales.
Participantes • Mayoristas-Turoperadores • Agencias de Viajes • Compañías de Transporte • Hostelería • Infraestructuras • Ocio y Cultura • Empresas de Servicios • Turismo Residencial• Medios de Comunicación • Organismos Oficiales Españoles• Organismos Oficiales Extranjeros • Asociaciones Profesionales • Incentivos. Reuniones. Congresos • Formació• Receptivo España.
La Feria FITUR 2010, organizada por IFEMA, celebró su trigésimo aniversario conmemorando tres décadas de trayectoria en las que se ha consolidado como el foro indiscutible para la industria turística española, así como un referente indiscutible para el ámbito internacional, ya que se encuentra entre las tres primeras en el circuito internacional de Ferias dedicadas al turismo.
Fitur2010. |
| Comentario enviado por María |
|
| Sanda martes, 26 de xaneiro de 2010 |
Segundo a web: http://www.lugo10.es Algunhas das actividades que hai programadas para este ano son:
1. Coca-Cola a través de Begano deseñará unha botella conmemorativa de Lugo10 e o Décimo aniversario da Muralla como Patrimonio Mundial. A botella será difundida en todas as súas canles de venda.
2. A Fundación ONCE traducirá a braille toda a documentación que se empregue para a difusión de Lugo10, así mesmo fará un cupón conmemorativo deste aniversario e traerá a Lugo unha exhibición nacional de cans guía.
3. A produtora do filme Agora, Mod Producciones, traerá a Lugo unha exposición con todos os traxes da película. Non é unha exposición itinerante, co cal é a única cidade do mundo que contará coa mostra.
4. Haberá exposicións. Tamén con varias propostas externas como as da Fundación La Caixa, incluídas en Lugo10, por exemplo a recoñecida exposición Orígenes.
5. DO Ribeira Sacra elaborará un viño conmemorativo, etiquetado como Lugo10.
6. Lugo10 estará presente na celebración do 75 aniversario do Club Fluvial.
7. Realizaranse actividades nos colexios, coas asociacións, cos clubes deportivos, cos centros de convivencia, na zona rural...
8. Farase un encontro internacional de bloguers e redes sociais en relación coa Muralla.
9. Toda a programación anual relacionada co Concello centrarase no decimo aniversario da muralla. Visitas teatralizadas, certames, Arde Lucus...
10. Haberá un servizo de guías exclusivo para a Muralla que poderán utilizar os lucenses e os visitantes.
11. Teremos sorpresas cos hostaleiros da cidade, e crearemos o premio Lugo10 no concurso de Tapas e pinchos.
12. Iberia bautiza a un dos seus Airbus 320 tamén como Muralla de Lugo.
13. O Conservatorio de danza de Lugo comezou xa a preparar unha coreografía sobre a muralla que presentarán ao longo do ano.
14. O humor, virá da man, entre outros de Luis Piedrahita e Flipy.
15. Estarán en Lugo, Los Secretos, coa súa nova xira.
16. Música clásica: o ano 2010 traerá á cidade a grandes figuras da música como a mezzosoprano italiana Romina Basso, a soprano madrileña María José Moreno, o pianista italiano Andrea Lucchesini, a soprano extremeña María Espada ou as dúas mezzosopranos suecas, Ann Hallenberg e Katerina Karnéus.
…
Aínda, hai máis que se poden ver nesta web, e que son moi interesantes. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Carmen martes, 26 de xaneiro de 2010 |
Como decis FITUR es un gran marco para dar a conocer nuestra ciudad y promocionarla, para que todos/as la conozcan.
Además, con motivo del Xacobeo, y el Año Santo, se pueden realizar grandes cosas en Lugo.
Va a ser un año importante para Lugo. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Sanda luns, 25 de xaneiro de 2010 |
Este ano Lugo estase dando a coñecer en moitos sitios. A Feira FITUR é un bon marco para promocionar a nosa cidade.
A creación dunha empresa mixta de Turismo, como se pretende, penso que é unha boa forma de xestionar todo o relativo o turismo na nosa cidade, e pode levar a que Lugo sexa unha gran destino turístico. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila luns, 25 de xaneiro de 2010 |
Con FITUR ya se ha comenzado a promocionar la ciudad de Lugo, su muralla y sus encantos fuera de nuestra comunidad autónoma. Bueno y también dentro.
Este puede ser el año de Lugo, en cuanto a reconocimiento, xa que se están llevando a cabo muchas iniciativas para promocionarlo.
|
| Comentario enviado por Sheila |
|
| reme domingo, 24 de xaneiro de 2010 |
Copiado da web do Concello de Lugo:
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polo Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaron a programación Lugo10 que conmemora o décimo aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial na Feira Internacional de Turismo, Fitur, en Madrid.
López Orozco e Gómez Besteiro tiveron a ocasión de saudará ás SSMM os Reis aos eu paso polo stand de Turgalicia. Ademais asistiron á presentación da guía de hostaleiros E para comer Lugo.
O Alcalde agradeceu a colaboración da Deputación, do Conselleiro e dos patrocinadores, moitos deles presentes no acto, para facer posible o proxecto Lugo10. Así mesmo, avanzou que quere rematar o ano colgando unha bandeira nas balconadas do Concello, ao igual que aquel 30 de novembro de hai 10 anos, na que diga: “Conseguímolo entre todos. Porque queremos que sexa unha obra de todos a que permita dar a coñecer aínda máis a nosa cidade”.
|
| Comentario enviado por reme |
|
|
 |