|
ENQUISAS
|
| domingo, 7 de febreiro de 2010 |
Non nego o carácter científico das enquisas e dou por suposto que cando se publican responden a eses criterios. Pero aínda así doulles só unha pequena parte de razón na miña vida política diaria. Dígolles sempre aos meus compañeir@s unha frase moi socorrida pero que por experiencia non deixa de ter o seu aquel: “ a mellor enquisa é coñecer os resultados das urnas o día da festa democrática das eleccións”.
E porque a miña posición de escepticismo?. Non é a primeira vez que a explico. Son dos que penso que as enquisas poden medir un estado de opinión nun momento determinado, motivado por moitas circunstancias, pero que a realidade política e tan cambiante e hai tantas “circunstancias”, que o que hoxe nos parece negro, mañá é branco e pasado gris.
E esas circunstancias forman parte da vida do ser humano que é quen responde as enquisas e quen o final vota o día “D”. E o ser humano vai formando a súa opinión de moitas maneiras e na medida que a democracia avanza e a formación política mellora, a liberdade aumenta en progresión xeométrica. E esa liberdade non é mensurable, nin tan sequera estatisticamente. E por iso as enquisas “fallan” e o pobo cando vota en democracia nunca se equivoca.
Por iso sempre hai que traballar. E máis cando se acepta voluntaria e libremente o traballo que hai que desenvolver, cousa que en Política sucede sempre porque a ninguén obrigan a estar aquí. Ver as enquisas, si; ver as tendencias que marcan, si; pero facerlles un seguidismo ao pé da letra, paréceme insensato. Por moi grande que sexa a mostra; por moi grande que sexa a correlación, sempre queda a persoa que sabe tomar as decisións e que as pode cambiar nun momento por moitas e raras razóns.
Queda máis dun ano para as eleccións municipais; queda moito traballo que desenvolver, pero queda sobre todo o máis importante: facer un proxecto da cidade coa xente para que cada un deles se note protagonista do futuro. Por iso hai que agradecer moito o apoio dos que están aí e confían no proxecto que saben sólido e de futuro. Por iso contamos con eles porque así síntense integrados. Que sondeo mide iso?.
|
11 COMENTARIOS |
| Carpe venres, 12 de febreiro de 2010 |
Hay que ver las cosas que se hacen día a día. Los lucenses tenemos muchas cosas y cada día se están haciendo más.
A veces, hai algún problema en la realización de estas, pero el Concello siempre lo acaba solucionando.
Pienso que no tenemos un alcalde perfecto, pero si se preocupa mucho por los lucenses, y es un buen hombre para Lugo. |
| Comentario enviado por Carpe |
|
| Iris venres, 12 de febreiro de 2010 |
O alcalde fai moitas cousas por Lugo pero debe seguir traballando para melloralo.
Aínda queda treito por andar.
Os cidadáns dan a confianza, así que o alcalde a traballar para seguir tendo esa confianza é máis.
Temos un bo alcalde pero ten que seguir traballando.
|
| Comentario enviado por Iris |
|
| Sanda venres, 12 de febreiro de 2010 |
Hai que apoiar o alcalde para as próximas eleccións.
Como xa dixen as enquisas hai que telas en conta pero pouco máis.
Como din Teresa e Sheila o alcalde fixo moito e segue a facer. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila venres, 12 de febreiro de 2010 |
Hay que medir muchas cosas para conocer como será la intención de voto.
Pienso que lo que dice Teresa es muy cierto, y hay que apoyar el alcalde.
|
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Teresa mércores, 10 de febreiro de 2010 |
Como ya dije hai que saber que existen las encuestas y que sirven para medir diferentes aspectos.
Yo creo que el alcalde, debe estar al loro de todo, como buen político. Pero que con el trabajo que hace, los ciudadanos se dan cuenta de lo valioso que es y que debe seguir al pie del cañón.
|
| Comentario enviado por Teresa |
|
| Sanda mércores, 10 de febreiro de 2010 |
Estou de acordo contigo María, as enquisas poden se presenciais ou por teléfono, e teñen un marxe de erro.
Pero hai que ter coidado con elas.
Neste caso, na cidade de Lugo, penso que todos os lucenses vemos como o alcalde se preocupa por mellorar a cidade, e polo tanto queremos que siga facendoo, polo que é normal que os socialistas continuen. |
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Sheila martes, 9 de febreiro de 2010 |
Las encuestas son uno de los métodos para medir diferentes aspectos, uno de ellos puede ser la intención de voto. Pero esa intención puede albergar muchas variables que estas no pueden medir.
Pienso que, como Carmen, estas no son fiables al 100%. Todo el mundo debe seguir trabajando para que los ciudadanos vean su labor y despues saquen sus propias conclusiones.
Hay que dejar las encuestas, un poco de lado, y trabajar para mejorar. |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Teresa martes, 9 de febreiro de 2010 |
Alcalde, usted no se preocupe por las encuentas. Como dice hay que mirarlas y saber que están ahí, pero no hay que obsesionarse con ellas.
Usted ha hecho mucho por Lugo, queda aún para las elecciones, pero nadie le quita lo que ha hecho por los lucenses y su implicación en esta ciudad.
Siga trabajando así y las encuestas que digan lo que quieran. |
| Comentario enviado por Teresa |
|
| María luns, 8 de febreiro de 2010 |
Las encuestas pueden ser presenciales o telefónicas.
En el caso de las telefónicas hay que tener en cuenta que cada día son más las personas que no disponen de teléfono fijon sino tan sólo móvil y por tanto son difíciles de contactar.
Hay colectivos como los inmigrantes que tampoco suelen ser fáciles de encontrar.
La fiabilidad depende de la profesionalidad con que se realizan y del margen de error del trabajo, que no debería sobrepasr al 5%
¿Quién paga las ecuestas? pues tengo entendido que cuestan a partir de 6.000€?.
La encuesta que publicaba ayer la prensa decía que los SOCIALISTAS seguirían al frente de la Alcaldía de LUGO.
¡ Noraboa, Alcalde! |
| Comentario enviado por María |
|
| Carmen luns, 8 de febreiro de 2010 |
Las encuestas son un método para medir diferentes aspectos que nos interesan, pero no siempre son realistas al 100%.
Hay que tener cuidado de como se hacen, porque sino pueden llevar a engaños.
En el tema político se utilizan mucho pero hay que saber medir su fiabilidad.
Todavía falta para las elecciones pero hay que ir preparándose para comentarios de todo tipo. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Sanda luns, 8 de febreiro de 2010 |
Hai enquisas e enquisas. Algunhas serven para darnos unha idea de como van as cousas ou como van ir, pero outras non indican nada, simplemente son enquisas pero vacías.
A todas non se lles debe facer caso, pero sempre hai que telas en conta. E sobre todo a fonte da cal proveñen.
Pero o que sí e certo é que as urnas nunca menten.
|
| Comentario enviado por Sanda |
|
|
 |