|
COOPERACIÓN PÚBLICO-PRIVADA
|
| domingo, 21 de febreiro de 2010 |
Dicía un amigo meu que estamos pasando un tempo no que todo se espera da Administración ou mellor das Administracións. Falaba de que na súa aldea, nunha Parroquia dun Concello da Provincia de Lugo, se producira unha pequena focha nun estupendo traballo de cementación que fixera o Concello. Unha mañá, esperou a un veciño e comentoulle que tiñan que reparar aquela pequena focha. Recibiu como resposta “non te preocupes, que iso ten que facelo o Concello”. Pasaron meses e logo anos, concretamente tres, - a focha pasou a fochanca – e vendo que o Concello non amañaba o deterioro, aquel que todo o esperaba da Administración pediulle o seu amigo que lle axudara para facer entre os dous a reparación. Fixérona no pasado Nadal.
É verdade que as Administracións teñen obrigas e que teñen que cumprilas. Non vou ser eu quen neste momento faga unha detallada recensión das que lle corresponden o Concello dun xeito inescusable nin tan sequera vou dicir cal dos dous amigos tiña a razón. Si defendo o principio xeral de que o esperamos todo ou case todo das Administracións.
Hai cousas nas que seguro que todos estamos de acordo. Son os chamados piares básicos das sociedades do benestar. As Administracións teñen que procurar, e dentro de parámetros de mellora constante da calidade, a Educación, a Sanidade, as Pensións e as necesidades da Dependencia. Baixando de nivel administrativo ten que garantir benestar social, recollida de lixo, limpeza, auga, saneamento, ornato, posibilidade de deporte, educación complementaria, boas rúas e pistas, alumeado público, transporte público, cultura, etc. etc.. Sen facer tampouco unha detallada recensión estaremos de acordo que por aí e por máis cousas que deixo para os lectores van os tiros.
Acabo de chegar de viaxe da capital dun país que din que é nestes momentos, a pesar da incerteza económica, o país punteiro no desenvolvemento. Pois ben, un día antes da chegada recibiu unha tormenta de neve como non se recordaba en cen anos. Paralizouse a cidade porque era imposible andar ou circular por ela. Pero os días seguintes, coincidindo con unha fin de semana longa, os veciños, con pico e pala, limpaban as beirarrúas ou os aparcadoiros en superficie nos que estaban os seus autos; a administración recollía con grandes camións e palas a neve das rúas e de aqueles camiños, por exemplo nos xardíns, que serían transitados por veciños. Bó exemplo de cooperación pública-privada!.
|
13 COMENTARIOS |
| Teresa venres, 26 de febreiro de 2010 |
Hoy y mañana va a ser un buen día para estar en casa, o sin salir demasiado de ella. Ya que parece que este invierno, el temporal, no se aleja de Galicia.
Este ha sido un invierno para el recuerdo. Pero hay que consolarse pensando que ya queda menos para la primavera. |
| Comentario enviado por Teresa |
|
| Sheila venres, 26 de febreiro de 2010 |
Estes días, y sobre todo mañana es un día para no salir mucho de casa, con el temporal que está llegando a Galicia. En el Ayuntamiento de Lugo han dado unas recomendaciones a seguir en estos momentos de temporal, pienso que sería bueno y prudente seguirlas, por ello os las copio aquí:
Se está na casa ou nun edificio:
- Retire todos os obxectos que poidan caer a rúa dos tellados, balcóns e fiestras.
- Peche e asegure ben as portas, as fiestras e as persianas (estas últimas nunca deben quedar a medio subir, pódese crear unha bolsa de aire no interior e rachalas).
Se está no exterior:
- Camiñe preto das fachadas dos edificios e vixíe no posible a caída de obxectos.
- Evite pasar preto de edificios ruinosos, árbores, paneis publicitarios e obxectos que poida derrubar o vento.
Se debe usar o vehículo:
- Circule con precaución e infórmese antes do estado das estradas
- Extreme as precaucións nos adiantamentos, sobre todo cando estes sexan a autobuses e camións, polo forte impacto do vento que se xenera
- Non utilice vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade (bicicletas, ciclomotores etc.)
- Se ten que deixar o vehículo na rúa, apárqueo nun lugar protexido do vento e ben inmobilizado.
SE TEN COÑECEMENTO DE CALQUER INCIDENCIA DEBE COMUNICALO AO 092 |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Sanda xoves, 25 de febreiro de 2010 |
Gallaecian,
Estou de acordo co que di Alan, penso que fas un pouco de crítica por crítica.
Hai moitas cousas que arreglar en tódalas cidades e dun día para outro non van estar solucionadas. Pero o Alcalde de Lugo, penso que fai todo o que pode por os lucenses, porque xa se ve que lle importa Lugo.
|
| Comentario enviado por Sanda |
|
| Carmen xoves, 25 de febreiro de 2010 |
Hoy empieza la Mostra de Teatro Galego en Lugo.
La obra que van a representar es "E ti quen ves sendo?" y va ser en el Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Creo que va a ser una obra de teatro interesante y que los lucenses debíamos ir a ver.
Además con el tiempo que tenemos, que mejor que ir a ver una obra de teatro.
Asique hay que animarse. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
| Teresa mércores, 24 de febreiro de 2010 |
Las cobaloraciones son buenas, como decis por aquí, pero también deben llevar una coordinación, porque a lo mejor se piensa que se está colaborando y no es cierto.
No creo que viniera mal en Lugo realizar esa colaboración, tendría que coordinarse unicamente. Una buena propuesta es la que indica Sheila, que realiza el Ayuntamiento con el Banco do Tempo.
Puede haber a lo mejor más formas de colaborar.
Hay que proponer iniciativas. |
| Comentario enviado por Teresa |
|
| Alan mércores, 24 de febreiro de 2010 |
Gallaecian,
Claro que en Lugo hay problemas que solucionar, como en el resto de Ayuntamientos de España. O piensas que hay algún Ayuntamiento donde no tenga ningun arreglo que hacer.
Pienso que nuestro Alcalde poco a poco lo va solucionando los problemas que hay en la ciudad.
Y, como dices, con su libreta toma nota de las deficiencias que hay, pero tendrá que darles una prioridad a los asuntos.
No creo que se deba criticarlo por eso.
|
| Comentario enviado por Alan |
|
| Sheila martes, 23 de febreiro de 2010 |
Como dice María, en los pueblos se ayudan los vecinos de otra manera, se hacen cosas unos por otros.
En la ciudad teníamos que hacer lo mismo y no andar cada uno por nuestro camino.
Una de estas actuaciones ya la promueve el Ayuntamiento, con el programa Banco do Tempo, en el se puede intercambiar ayuda entre vecinos u otras personas. |
| Comentario enviado por Sheila |
|
| Sanda martes, 23 de febreiro de 2010 |
Mateo,
Penso que ves todo moi fácil. Debes ter unha boa bola de cristal.
Non creo que as medidas de Rajoy vaian solucionar a económica.
Ademais, so hai que ver o que fai Feijóo en Galicia, para ver o que podería pasar en toda España.
|
| Comentario enviado por Sanda |
|
| mateo luns, 22 de febreiro de 2010 |
Sr. Alcalde sería bueno que nos aclara ciertos puntos del gobierno de su amigo José Luis. Por ejemplo por qué elgobierno de Zapatero prefiere seguir sus prejuicios ideológicos que aceptar, por el bien de España, las medidas propuestas por el PP para:
No subir los impuestos a familias, autónomos y PYMEs en el peor momento económico.
Dedicar el dinero del Plan E, dedicado a levantar aceras, a ayudar a los ayuntamientos a pagar sus deudas con las PYMEs.
Empezar el recorte del gasto público reduciendo un 25% los altos cargos.
Gracias. |
| Comentario enviado por mateo |
|
| gallaecian luns, 22 de febreiro de 2010 |
Colaboracions:
- Buscar electricistas xa que a pesar de todos os fastuos pola conmemoracion proxima do 10 aniversario da muralla,temos un tercio dela a escuras.
- Buscar unhos albañiles que traballen, xa que a pesar de ser a entrada do Camiño de Santiago polo Carril das Flores hai mais baches que polos montes polos que transcorre
- Contratar seguridad privada para evitar incidentes no cruce de Fontiñas co Carril dos Indios por non poñer bolardos para evitar que os coches aparcados non quiten visibilidade.
- Contratar mais secretarios para que lle lembren o noso benquerido Sr. Alcalde as notas que acumula nas súas libretiñas dos problemas que nelas apunta. |
| Comentario enviado por gallaecian |
|
| María luns, 22 de febreiro de 2010 |
Colaborar, es ayudar a otras personas, facilitarles el trabajo para ahorrar problemas, ayudar a un país menos avanzado para que se desarrolle.
Pienso que en Ciudad se exige más al Ayuntamiento que en la Zona Rural por ejemplo si hay nieve, como nos pasó este invierno la Zona Rural está muy diseminada y los vecinos trabajan para no quedar incomunicados.
Hacer todo el bien que se pueda, mientras se pueda. |
| Comentario enviado por María |
|
| Alan luns, 22 de febreiro de 2010 |
Todas las ayudas son buenas.
Pero a veces la cooperación se entiende mal. Uno de los cooperantes da más que el otros, pone más entusiasmo, o uno de ellos acude a la cita y el otro no.
La cooperación se puede entender de muchas maneras, y realizarla también de muchas formas.
Siempre que se haga a partes iguales, sin pasarse una parte con la otra, estará bien hecha y será productiva, sino no servirá para nada y llegarán los conflictos.
Pero estoy de acuerdo en que ayudarse mutuamente (haciendolo bien) es beneficioso para las dos partes. |
| Comentario enviado por Alan |
|
| Carmen luns, 22 de febreiro de 2010 |
Pienso que los ciudadanos y el Concello deben colaborar en la medida de lo posible para arreglar o solucionar los problemas que haya sobre determinados temas.
Cuantos más a ayudar mejor.
El ejemplo que comenta es muy interesantes. Aquí en muchos concellos de la provincia no pasa eso, como también se comenta en esas líneas.
Pienso que tanto administraciones y ciudadanos deben colaborar entre ellos para mejorar sus ciudades, villas o pueblos. Todos deben poner de su parte y así serán y estarán mejor.
Aunque debe haber un diálogo profundo entre ellos para entenderse, porque a veces se pasa de colaboración a malos entendidos. |
| Comentario enviado por Carmen |
|
|
 |