BLOG DE JOSE LOPEZ OROZCO

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
29/08/2010.- O Concello de Lugo quere manifestar en primeiro lugar o seu profundo pesar aos familiares de Montserrat polo tráxico acontecemento que está a conmocionar á sociedade lucense.

Queremos que se escoite o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia, e neste caso á violencia contra as mulleres que fai tremer as conciencias de toda unha cidade, que non comprende como se pode chegar a cometer este tipo de actos.

A xente de Lugo estamos hoxe conmocionados, e queremos unir as nosas voces para berrar un forte BASTA XA, ante actos criminais que acaban coa vida de mulleres inocentes e destrozan familias enteiras. Hoxe queremos estar todas e todos ao carón desta familia.

Pedimos á xente que non cale nunca ante estos actos inhumanos, e que denuncien aquelas situacións graves das que teñan coñecemento, para que non quede impune entre as paredes dun fogar, a desolación, a desesperanza e o medo que están a vivir moitas mulleres.

DESPOIS DAS VACACIÓNS
15/08/2010.- Rematei as vacacións estivais deste ano. Foron quince días, con algunha escapada a Lugo para actos oficiais como a firma do protocolo para a estación intermodal, nos que descansei coa familia, pero que serviron tamén para reflexionar sobre os labores dos próximos meses no meu traballo como Alcalde.

Son uns meses que me atrevo a cualificar de interesantes ou se se quere de moi interesantes: é o momento de rematar un período de catro anos e de desenvolver un proxecto para os próximos catro, xa que en Maio do 2011 hai eleccións municipais. Por iso é moi importante ter claros os obxectivos, non “despistarse” co accesorio ou co que desexan outros desde ópticas políticas diferentes e ter sempre moi en conta que a obrigación principal e primordial  dun político é o servicio público, a busca do ben común, nun momento complicado no que a Política debe marcar ritmos e non debe perder o seu fin primordial que baixo o meu punto de vista non é outro que os cidadáns avancen social, cultural e economicamente a un mesmo ritmo ou cando menos semellante.

Hai labores cotiás, do día a día que debo impulsar desde a miña función de  director do equipo. Importantes porque fan referencia ás persoas no que se refire aos servizos socias ou o  desemprego.

Hai outras, probablemente de máis calado mediático, como é lograr que se rematen obras comezadas ou que están a piques de comezar, como por exemplo o Museo da Historia da Cidade, a Biblioteca de A Piringalla, a casa da Xuventude ou o inicio das actividades nas Escolas Infantís. Outras dependen de distintas Administracións como son a aprobación do PXOM, o Auditorio, a redacción do proxecto e a posterior contratación do Museo da Romanización, o concurso de ideas para a Estación intermodal e a posta en valor da nova depuradora e colectores e da nova traída de augas. É como símbolo dun traballo feito ver rematada a nova ponte. Quedan outras obras que están comezadas tanto na zona rural como na zona urbana que responden a ese espírito de modernización e de igualación dos veciños vivan onde vivan.

E queda algo esencial: preparar o proxecto para os próximos catro anos que respondendo a unha filosofía social marcada desde o inicio da miña etapa como Alcalde defina o Lugo que quere seguir mellorando. Están logrados moitos obxectivos, pero unha cidade non se acaba nunca de facer porque a Política ten que atender aos cidadáns e estes e as súas necesidades varían, cambian,e aparecen novas  posibilidades de mellora e de crecemento. Como se sabe esto?: Preguntándolle aos distintos colectivos que forman parte do Concello. Cos pés na terra porque a Política sempre  ten que facerse desde abaixo, coa xente e para a xente.

ESTACIÓN INTERMODAL
02/08/2010.- En marzo deste ano fixouse a “folla de rota” do que vai ser a estación intermodal en Lugo. Naquela ocasión tres Administracións, Goberno de España, representado polo ministerio de Fomento, Xunta de Galicia, representada pola Consellería de Política Territorial e o Concello de Lugo, representado pola Alcaldía, xunto con ADIF, chegaron ao acordo de desenvolver e asinar un protocolo que recollese esa vontade de facer a estación intermodal e fixar as abrigas de cada un, así como realizar o proxecto da mesma. Pasaron meses e semanas de negociación e chegouse ao acordo que se asinará o próximo día catro de Agosto. Polo medio algunha interferencia  que estivo a punto de atrasar sine die o acordo, de feito atrasouno case 20 días, pero ao final impúxose o sentido común e a coordinación das administracións.

É un paso importante para Lugo. Por un  lado porque vai preparar á cidade para recibir no seu momento ao tren de alta velocidade, símbolo hoxe de mellora da cidade e da provincia en todos os aspectos; en segundo lugar porque vai desenvolver unha ampla zona que urbanisticamente necesitaba un equipamento importante: os barrios da Estación, Sagrado Corazón e As Gándaras van ser os grandes beneficiados; en terceiro lugar porque posibilita a reurbanización da área na que está a actual estación de Autobuses. Para esto último o Concello promoverá un concurso de ideas co fin de acertar na solución final.

Outras cidades xa deron os pasos que  imos dar nós. Cada cousa ten que levar o seu tempo e o seu ritmo. O importante é non quedar fora dese circuíto do Tren de Alta Velocidade que arredor do 2015 unirá  Galicia coa meseta. Lugo ten que estar  nesa oportunidade e por iso é importante o paso que imos dar o próximo día catro. A partir dese día negociar, negociar e negociar, e tamén esixir, para que se cumpran os prazos e que os proxectos non se durman nos despachos. Por min non vai quedar.

HAITÍ
19/07/2010.- Este pasado fin de semana Lugo foi a sede de unha Conferencia Europea e Centroamericana para tratar sobre a reconstrucción de Haití. Como todos sabemos este país caribeño sufriu un terrible terremoto o día 12 de xaneiro do ano en curso. Preto de 300.000 mortos e perdas materiais incalculables.

Haití sufre desde o seu nacemento como país unha traxedia continua e por iso as súas xentes pasan por ser dos máis pobres do planeta co que nos damos conta da cantidade de sufrimento continuo delas. O terremoto veu poñer ante os ollos de todos esa situación de unha forma aínda mais descarnada. É certo que veñen recibindo moitas axudas desde hai tempo e é posible, ou case seguro, que moitas delas non chegan de unha forma directa os máis afectados. Co terremoto as axudas se multiplicaron pero aínda se multiplicaron máis as promesas de axudas. Moitas delas non chegaron. Chegarán?.

Esta foi a petición unánime das autoridades de Haití. Saben que se tardarán uns vinte anos na reconstrucción no máis amplo sentido da palabra, pero non poden esperar moito máis tempo. Hai preto de  1.300.000 persoas vivindo en tendas de campaña nunha época na que se prevén a chegada dos furacáns e máis de 1.800.000Tm. de escombros sen sacar das súas rúas. E ademais eleccións presidenciais en novembro.

Deixaron claro que queren desenvolverse como país. Teñen claro que teñen moitas cousas que cambiar e que desenvolver; pero véselles ánimo, a pesar do desacougo, de reconstruír o seu país no máis amplo sentido: non só fisicamente, senón no campo do desenvolvemento, da democracia política, na educación, na agricultura...Dicía a Embaixadora en Madrid que esa desgracia pode ser a gran oportunidade para que Haití cambie o rumbo da súa historia.

Pero necesitan a cooperación internacional. Pero xa. Non poden esperar moito máis tempo para non perder aquelo que teñen hoxe en abundancia: a esperanza. Volverá o mundo desenvolvido a darlles as costas?.

GAÑOU ESPAÑA
12/07/2010.- Tiña comezado o meu blog sobre os haxiógrafos, pero hoxe non hai nada máis grande que o triunfo de España na copa do Mundo. Encantoume a loita, o tesón, a firmeza, a preparación, e os valores, como dixo Vicente del Bosque dos xogadores de España. Cando un adestrador é capaz de falar de valores e de case desaparecer no momento da celebración é sen dúbida unha persoa que merece a pena.
Foi un mundial moi ben xogado por España; mesmo o partido que perdeu con Suíza, porque non entrou o balón, pero España tamén mereceu gañar. E logo cada día mellor ata hoxe na que foron capaces de vencer tamén o xogo? dos holandeses. Non era fácil porque só pretendían desestabilizar aos españois; pero foron quen de superar as tarascadas e facendo o seu xogo chegou o magnífico gol de Iniesta, que demostrou unha vez máis a súa calidade humana adicándolle  o gol a Jarque, malogrado xogador do Español.
Encantoume ver o partido en compañía de tantos e tantos lucenses. Parece que en compañía as dificultades eran menores e o empuxe de todos tiña que dar o seu froito. E deuno, grazas a ese golazo de Iniesta. Canta xente unida por unha causa común, frívola, si, pero causa común.O xogo de esta selección foi quen de unirnos, de darnos autoestima, de darnos unha posibilidade de atopar unha bandeira común.
Cantas veces esperamos este momento! Pero tiveron que ser xogadores que procedían da base, xogadores ben formados como persoas e como deportistas. Non hai outro camiño para sentir os colores e para sentir ese sentido de equipo. Está claro que quen gañou foi o equipo formado por eses xogadores, tamén os suplentes, que nos fixeron sentirnos felices. Grazas e a proseguir.
Remato, mereceu a pena falar desto e non dos haxiógrafos, buscadores de adxectivos, que non saben que en Política quen pon adxectivos son os veciños. Porque grazas a Deus hai votacións.